INICIO FOTOS AMBITO LOCALIZACION PREZOS RESERVAS OPINIONS
Ambito

   Turismo Activo: 


Entre as paisaxes que encadran a Ribeira Sacra, diferentes rutas levaranos a coñecer o encanto da zona. Existen empresas especializadas na realización destas actividades.

  • Rutas en Catamarán polos canóns do Sil e do Miño
  • Rutas dacabalo
  • Rutas en bicicletas.
  • Piragüismo.
  • Sendeirismo
  • Paintball

    Natureza:

      Augas arriba, os dous rios por separado, foron formando profundos canóns que nos máis abruptos desfiladeiros do Sil chegan a 500 metros de profundidade.


     Son fracturas graníticas mesturadas de bosques autóctonos polos recunchos. A pesar do forte desnivel medio, a paisaxe está humanizado en soutos e cultivos de viñas por medio de socalcos (terrazas de bancales) nas ladeiras de solana.

   Flora: Podemos atoparnos con redutos de especies tipicamente mediterráneas, de invernos suaves e veráns secos: alcornoques (Quercus suber) e madroño (Arbutus unedo), cultivos de vide (Vites vinifera) con variedades de uva autóctona Mencia) así como bosques de castiñeiros (Castanea sativa) e carballos (Quercus robur e Quercus pyrenaica).

      Fauna: Nos roquedais podemos observar aves como o aguia real (Aquila chrysaetos) e o falcón peregrino (Falco peregrinus) e nos seus bosques especies como o xabarin (Sus scofra), o corzo (Capreolus capreolus) e tejón (Meles meles).

 Gastronomía:

En Pantón, a cociña baséase nos pratos tradicionais algúns tan destacados como o lacón con grelos, o cocido galego, a empanada galega ou o polbo a feira. Elaborados utilizando os mellores productos da nosa terra e bañados cos estupendos viños cultivados nas ribeiras dos nosos ríos. Sen esquencernos das sobremesas, entre as que destacamos as filloas, as orellas e os amendoados…

Arte e cultura:

A Ribeira Sacra recibe o seu nome debido á gran cantidade de Igrexas e Mosteiros Románicos que se edificaron nos canóns do Sil e do Miño.

  • Santo Estevo de Ribas de Miño
  • San Paio de Diomondi
  • San Miguel de Eiré
  • Monasterio Cisterciense de Ferreira de Pantón
  • Santo Estevo de Atán
  • San Fiz de Cangas.
  • San Vicente de Pombeiro
  • Santo Estevo de Ribas de Sil
  • Santa Cristina de Rivas de Sil

A ruta dos encoros é un dos principais atractivos do concello.
A poucos quilómetros de Ferreira de Pantón pódese gozar da bela paisaxe da Ribeira Sacra realizando un paseo polos seus ríos en catamarán.

     Un pobo que séculos atrás viviu unha fértil historia, mesturada de diversas culturas e tradicións permanentes o longo do tempo, conserva unha riqueza singular nas súas manifestacións artísticas.
A súa gran variedade de monumentos mestúrase co esplendor da súa paisaxe, suaves estribacións e escarpados vales.
En calquera recuncho da
Ribeira Sacra, pode sentirse un singular señorio

Casa Mayte - Alojamiento Turístico
Cruz Puente Ordax, Nº5, 27430 Pantón
Tlf: 982 45 64 94
e-mail: info@pensionmayte.es