INICIO FOTOS AMBITO LOCALIZACION PREZOS RESERVAS OPINIONS

Situado no corazón da Ribeira Sacra, no concello de Ferreira de Pantón, vostede poderá gozar, na compaña dos seus, dun agradable ambiente e dun descanso confortable.

Para o seu goce, contamos con habitacións dobres e habitacións de matrimonio, moi amplas, con todas as comodidades que vostede busca para o seu descanso. Cada unha delas conta con baño, televisor de pantalla plana de 20 polgadas, armarios e uns acabados de primeira calidade.

No noso salón- comedor, gozarán dun agradable almorzo recentemente preparado polo servizo de cociña que temos á súa disposición. Sempre poderán elixir o que desexe en cada momento xa que contamos cunha ampla variedade de alimentos e consumicións. Poderán descansar na zona provista de sofás e Tv común.

Contamos ademais cun servizo de recepción para atenderlles a calquera hora do día e ante calquera dúbida que poida xurdirlles durante a súa estancia.

Orientaremolos, se así o desexan, das zonas que poden visitar, próximas ás nosas instalacións hostaleiras.

Casa Mayte - Alojamiento Turístico
Cruz Puente Ordax, Nº5, 27430 Pantón
Tlf: 982 45 64 94
e-mail: info@pensionmayte.es